![]() |
|
|
PROXECTO VOZ NATURA LU/115 CURSO 2002-03 PROXECTO FINANCIADO POLA FUNDACIÓN SANTIAGO REY FERNÁNDEZ-LATORRE CON 865,5 EUROS 1º premio provincial Contaminación por residuos procedentes do automóbil no Concello de Viveiro: localización e recollida. Descrición e xustificación: O proxecto desenvolveuse en 3 fases: *Na primeira levarase a cabo un estudio e caracterización dos elementos contaminantes do vehículo. *A continuación localiza-los dentro do Concello de Viveiro *Rematarase coa limpeza dos entornos afectados. A elección deste proxecto é debido a que na actualidade o parque de vehículos deste Concello é suficientemente amplo como para preocuparnos do destino final dos elementos contaminantes: aceites vertidos, baterías, pinturas, vidros, defensas de plástico que quedan nas veira-rúas tra-los accidentes, etc. Tamén
pretendemo-la sensibilización dos nosos alumnos, futuros usuarios e
responsables dos talleres reparadores, co respecto ó noso medio.
ALUMNOS: Formación Profesional Específica dos ciclos formativos de "Carrocería", "Electromecánica do Vehículo" e "Programa de Garantía Social de Auxiliar de Mantemento de Motocicletas". COMUNIDADE ESCOLAR: O proxecto foi aprobado no seu momento polo Consello Escolar, Claustro e conta co Visto e Prace da Dirección Descrición xeral do lugar onde se levou a cabo o proxecto: A primeira fase na aula-taller de carrocería do IES "María Sarmiento" de Viveiro. Posteriormente constituiranse grupos de traballo formados por 1 profesor e 4 alumnos que percorrerán diferentes lugares do Concello susceptibles de estar contaminados. Na terceira fase procedeuse á eliminación, para o cal pretendemo-la colaboración propio Concello. Finalmente a memoria, posta en común, e difusión do proxecto fíxose tamén no propio centro. CALENDARIO DE EXECUCIÓN E ACTIVIDADES: Xullo de 2002: dar a coñece-lo proxecto a través da páxina web do IES Outubro e novembro de 2002: Identificación, no vehículo, dos elementos contaminantes Decembro e xaneiro: Localización de vertidos incontrolados Febreiro e marzo: Tratamento e limpeza Marzo e abril 2.003: Elaboración de conclusións e difusión |
PROXECTO VOZ NATURA LU/046 CURSO 2003-04 PROXECTO FINANCIADO POLA FUNDACIÓN SANTIAGO REY FERNÁNDEZ-LATORRE CON 865,5 EUROS Aplicación do sistema PANTONE a un pequeno motor de explosión Por segundo ano consecutivo o Departamento de Mantemento de Vehículos, neste caso conxuntamente co de Tecnoloxía, participa no consurso "Voz Natura" que patrocina a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre do Grupo Voz. O proxecto presentado trata da aplicación dun sistema de alimentación tipo PANTONE a un pequeno motor co obxecto de ver como diminúe a emisión de elementos contaminantes e o consumo. Preténdese tamén concienciar ó alumnado participante sobre o respecto o medio ambiente. A Fundación subvenciona esta acción con 823 euros. |
Historia - Organigrama - Album - Espacios - Oferta Educativa -Aspectos Pedagóxicos- Actividades - Centros Adscritos - Certificacións - Relacións - Servicios